Novela | 'Mulleres que viven xuntas'

30 out. 2025 a 30 out. 2025
19:00 h a 21:00 h
Espazo Lector Nobel, Ourense
Abril Camino
2025_10_30_p30cuarta_albacamino_ourense
Abril Camino presenta en Ourense o Premio Xerais de Novela 2025.
Presentación da novela de Abril Camino, Premio Xerais de Novela 2025, na que a autora estará acompañada por Fan Alonso. O manuscrito conta a historia de Isabel que, trala morte do seu pai, vese na obriga de marchar para Londres, onde será acollida polos tíos. Cando en 1968 regresa á súa aldea, preto de Compostela, coñece a Chus, unha mestra que coidou da súa nai mentres ela non estaba e con quen vai iniciar unha relación de amor que durará toda a vida. O medo ao que dirán e a manifestar a súa situación sentimental durante a represión franquista, provoca que manteñan un segredo que lles afectará profundamente. Unha reflexión sobre as dificultades da verdadeira liberdade sexual.