Novela 'Lúas de Orzán'
Xesús Pisón
Lúas do Orzán.
Presentación do libro recopilatorio de Xesús Pisón, editado en Laiovento, que estará acompañado por Manuel Xestoso e Prudencio Viveiro Mogo. Na obra dramática de Xesús Pisón pódense identificar dúas etapas. A primeira, iniciada en 1980, está composta por obras burlescas que se inscriben na tradición de escárnio e maldizer galega.
A partir de 1994, a súa escrita vira radicalmente cara a un estilo máis áspero e combativo, reflectindo a súa visión do poder como algo que emana tanto do exterior como da natureza humana, fixando o horror como característica da nosa especie. Algúns críticos incluso consideran que moitos dos seus textos transcenden aos xéneros literarios tradicionais.