Novela | 'O lanzador de coitelos'

28 out. 2025 a 28 out. 2025
19:00 h a 21:00 h
Libraría Numax, Compostela
Fernando Castro Paredes
fernandocastro_compostela
Fernando Castro Paredes presenta novela na Numax.

Presentación na novela de Fernando Castro Paredes, editada en Galaxia, na que o autor estará acompañado por Dolores Vilavedra. 

Un sicario é contratado para raptar unha figura prominente das letras, un poeta húngaro emigrado a París. A operación terá un xiro inesperado e ambos os dous protagonistas acabarán confrontados co seu pasado.

Con esta premisa arrinca O lanzador de coitelos, unha novela que parte dos códigos do thriller máis clásico para transcender o xénero cunha estrutura sofisticada e sedutora. A trama permitirá expoñer con eficacia un mundo de personaxes de identidades duplicadas e antagónicas.

Unha obra que nos fala sobre a liberdade e a memoria, sobre o fracaso e a corrupción humanas e, tamén, sobre esa busca que emprendemos para descubrir quen verdadeiramente somos: vítimas ou verdugos.