Música | 'Concertos de cámara'

03 mar. 2026 a 03 mar. 2026
20:00 h a 22:00 h
Teatro Rosalía de Castro, A Coruña
Cuarteto Diógenes
2026_03_03_p30superior_diogenes_acorunha
O Cuarteto Diógenes actúa no Teatro Rosalía.

Stefan Kirpal e Gundula Kirpal (violíns), Alba González Becerra (viola) e Stephen Ristau (violonchelo) conforman esta formación de música especializada en repertorio clásico e romántico. Amais da interpretación deste repertorio tradicional, o Cuarteto Diogenes céntrase na divulgación do repertorio para cuarteto de corda con obras contemporáneas ou descoñecidas que se viu traducida na publicación de máis de quince discos ao longo da súa existencia. 

As súas gravacións máis recentes inclúen o sexteto de corda Op. 118 e o quinteto con clarinete Op. 146 de Max Reger, o octeto Op. 20 de Felix Mendelssohn e os cuartetos de corda nº 1 e nº 3 do compositor Friedrich Gernsheim. Cómpre destacar tamén a súa recente gravación para Radio Nacional de España do concerto para cuarteto de corda e orquestra de Bohuslav Martinu xunto coa Orquestra de Córdoba. Entre os seus colaboradores habituais atópanse tamén o Henschel Quartett, Wenn-Sinn Yang (violoncello), Tyler Duncan (barítono), Roland Glassl (viola), Lydia Dubrovskaya (violín), Priya Mitchell (violín), Anna Prohaska (soprano), Hariolf Schlichtig (viola), Nabil Shehata (contrabaixo), Thorsten Johanns (clarinete) e o violinista de jazz Max Grosh. Con este último desenvolveron un proxecto titulado A Dream of Brahms, no que a obra de Johannes Brahms se presenta nunha simbiose única entre o mundo do jazz e a música clásica. A formación tamén desenvolve unha importante labor no campo da docencia e a pedagoxía musical. Ademais de impartir cursos destinados a grupos de cámara novos, tamén realizan concertos didácticos para os máis pequenos e concertos-coloquio destinados a todo tipo de público.

O concerto está organizado pola Sociedade Filaharmónica da Coruña.