Música | 'Festival Clasclás'
25 xuño 2025 a 25 xuño 2025
21:00 h a 23:00 h
Pazo da Golpilleira, Vilagarcía
Isabel Villanueva & François Dumont
Concerto incluído no Festival Clasclás de música clásica, con Isabel Villanueva e François Dumont. Isabel Villanueva comezou a formación musical en Pamplona, a súa cidade natal, e posteriormente estudou en Londres, Siena e Xenebra. Na súa destacada traxectoria fóronlle recoñecidos numerosos premios, entre os que destacan o Premio ‘El Ojo Crítico’ da Música Clásica de RNE 2015 e o Premio Cultura de Música Clásica 2019 que outorga a Comunidade de Madrid. É profesora de viola no Royal College of Music de Londres e no Conservatori Superior de Música do Liceu en Barcelona. François Dumont (1985) ingresou aos 14 anos no Conservatorio Nacional Superior de Música de París na clase de Bruno Rigutto. Perfeccionouse na Academia Internacional do Lago de Como. É gañador de premios nos concursos máis importantes do mundo: o Concurso Chopin de Varsovia, o Concurso Reina Elisabeth de Bruxelas, o Concurso Clara Haskil de Suíza e Concurso de Monte Carlo. Paralelamente á súa carreira como solista, é profesor de piano na prestixiosa Haute École de Musique de Genève (Suíza).