Maxia | 'Maxia para soñar'

08 out. 2025 a 08 out. 2025
16:15 h a 18:00 h
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro, Oleiros
Mago Marco
2025_10_08_p30inferior_magomarco_oleiros
O Mago Marco achégase a Oleiros coa súa maxia.
Maxia para soñar é un espectáculo sorprendente para desfrutar en familia, onde o mago ilusionista Marco propón unha viaxe máxica a partir dos soños dun neno que un día quixo ser mago. Nese camiño irán acontecendo trucos inverosímiles nos que farán participar ao público asistente e no que o humor e a interacción co público farán que sexa un pracer facelo en común.