Maxia | 'Maker maxia'

02 xul. 2025 a 02 xul. 2025
16:00 h a 18:00 h
Biblioteca de Caión - Centro Sociocomunitario, A Laracha
Mago Richard e o Mago da Boina
maker_maxia_alaracha
Daniel Ares Blanco é o Mago da Boina, un dos partícipes de Maker Maxia.
Maker Maxia é moito máis que unha viaxe ao mundo da maxia: é unha experiencia onde a imaxinación e a creatividade cobran vida. Os participantes mergullaranse no apaixonante universo das ilusións, aprendendo non só a realizar xogos de maxia, senón tamén a deseñar e construír os seus propios trucos, empregando materiais simples e técnicas inspiradas na filosofía maker.