Maxia | 'Hocus pocus'
Seguindo a súa tónica de humor, O Mago Paco ofrécenos unha vez máis un espectáculo de maxia infantil cheo de risas, cores e moitas sorpresas.
A maxia de O Mago Paco caracterízase pola posta en escena de elementos visuais e moi rechamantes que xeran unha dinámica constante sobre o escenario. Deste xeito, ningún espectáculo é igual, todo depende da resposta do público, sobre todo d@s máis pequech@s, xa que é un espectáculo pensado por e para el@s. Nel poderán xogar, rir, saltar, actuar… formando parte activa do seu fantástico mundo cheo de emocionantes aventuras.
Unha proposta diferente cun espectáculo moi participativo, cheo de complicidade entre o mago e o seu público, e de momentos ilusionantes, divertidos, tolos, emotivos e, sobre todo, inesquecibles.