Libros 'A historia de Galicia en 30 obxectos'
David Gesteira
Presentación do libro de David Gesteira, Aira Editorial, dentro da programación da 24ª Romaría das Letras de Sanamedio, na parroquia de Beluso, nun acto organizado pola Libraría Miranda, a editorial Aira e a Área de Cultura do Concello de Bueu. Nas páxinas interiores do libro o autor achéganos aos obxectos que son quen de gardar o pasado e mantelo vivo para nós. Con este libro vas coñecer como elementos tan cotiáns coma unha campá, un carro, unha moeda ou un reloxo nos comunican coa historia nosa. Nesta obra do historiador pasan libros prodixiosos, ferramentas do pasado, edificacións senlleiras e multitude de historias do noso pobo.