Homenaxe | 'XVI edición de Lúas de Outono'

24 set. 2025 a 24 set. 2025
20:30 h a 22:00 h
Casás e Barcia
A música de Casás e Barcia protagoniza este 'Lúas de Outono'.
A música de Casás e Barcia protagoniza este 'Lúas de Outono'.
A música do dúo Casás e Barcia será a protagonista da nova edición de Lúas de Outono, celebración anual en homenaxe a Manuel María. Richi Casás (saxo, pandeireta e voz) e Fran Barcia (acordeón) levarán a cabo un espectáculo, acompañados dalgunha sorpresa, baseado en melodías e coplas da poesía popular oral composto por pezas recollidas no legado familiar de Casás, concretamente en temas cantados por Rosa e Adolfina Casás, cantareiras en quen se personificou, entre outras, este ano as Letras Galegas. A maiores, o repertorio completarase con poemas do propio Manuel María, adaptándoos a rexistros, métricas e ritmos populares.