Gala | 'Toxos e tabernas: festexemos a Manuel María'

03 dec. 2025 a 03 dec. 2025
20:30 h a 22:00 h
Varias participantes
Galeatro e Xarope Tulú representarán 'Berenguela na gaiola'.
Galeatro e Xarope Tulú representarán 'Berenguela na gaiola'.

O Teatro Rosalía de Castro acolle vixésimo oitava edición do Memorial Ibán Toxeiro. Baixo o título Toxos e tabernas: festexemos a Manuel María, a xornada rende homenaxe á faceta teatral do autor chairego, un creador incansable que deixou 36 pezas cheas de retranca, poesía e vida

A gala, baixo a dirección de Manuela Varela, contará coas actuacións de Galeatro e Xarope Tulú, que representarán escenas de Berenguela na gaiola, peza gañadora da cuarta edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. Tamén actuará Alexandre Bóveda Teatro coa obra O auto do taberneiro. Conducida por Sabela Hermida, esta homenaxe servirá de marco para a entrega do Premio de Honra Lino Braxe á Fundación Manuel María, recoñecendo o seu labor na difusión da obra dramática e a creación do devandito certame.