Volta a Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego a Compostela

07 maio 2022
19:00 h
Teatro Principal / Rúa Nova, 21
O dúo AldaoLado presentará a Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego en Compostela
Lucía Aldao e María Lado forman o grupo "AldaoLado".
Lucía Aldao e María Lado forman o grupo "AldaoLado".

Os premios Follas Novas celebrarán hoxe unha nova edición en Compostela, recuperando o carácter presencial anterior á pandemia e ampliando por primeira vez o proceso de selección para seren máis representativos da amplitude, variedade e riqueza da literatura e da produción editorial e libreira do país.

Presentan a gala o dúo AldaoLado.