Festival | 'VIII Parga Rock'
06 set. 2025 a 07 set. 2025
12:00 h a 03:55 h
Parga, Guitiriz
Varios grupos
Chega a 8ª edición do festival Parga Rock que se celebrará no lugar de sempre, a Área Recreativa A Carballeira, ao pé do río Parga.
Desde as 14 horas xa soará a música nestas terras coa participación do grupo Vimbio.
Posteriormente haberá xogos populares de 18 a 19 horas a conta de Trécola Producións.
Será a partir das 19.30 horas que comezarán os concertos da tarde - noite coa participación de Meu, Porco Bravo, No Konforme, Pölvora, Perpetual e coa participación do Dj Jordi Pánico entre actuacións e ao final dos concertos.