Festival | 'Rockin' Carballo 2025'

21 xuño 2025 a 21 xuño 2025
13:00 h a 00:00 h
Parque de Anllóns e Praza do Concello, Carballo
Varios grupos
temples_carballo
A banda británica Temples é un dos grupos que actúan no festival.
Nova edición do festival, que cumpre 18 anos, e que volta ao escenario da praza do Concello (21 horas), dándolle tamén a benvida ao escenario Magnolia no Parque de Anllóns (13 horas) para a sesión vermú. Temples, The Limboos, Eleanor Friedberger, Bee Dee Kay Drives The UFOzzz, Las Petunias e 10KR son as protagonistas da nova edición, na que, como podemos comprobar, mesturan bandas locais e foráneas nun exercicio de música atemporal.