IV Festival de Folk Sisalde en Arteixo
24 set. 2022
12:00 h
Fraga de Sisalde, Barrañán
Luar na lubre, Astarot e D'Urria serán algúns dos protagonistas do Festival de Folk Sisalde
Por fin, despois de dous anos e un aprazamento a principios deste mes, volve o folk a Sisalde.
E aínda que as actuacións principais comezan ás 20 horas, xa desde o mediodía temos actividade do festival con postos de artesanía, xantar, xogos para crianzas e a animación de diferentes agrupacións, como da Asociación Xuvenil Xiradela, da AC Triskel ou as bandas de gaitas de Abelladeira e a da Veiga de Espiñareda.