Festival | 'Castañazo rock'
01 nov. 2025 a 01 nov. 2025
11:30 h a 23:59 h
Mercado do Gando, Chantada
Varios participantes
Segundo e último día do festival, que comezará co Ourizo Miúdo (11.30 h. no Cantón), Feira de Artesanía (de 11.30 a 19 h.), sesión vermú con Mr. Fishman (12.30 h. Pza. da Paz) Cantos de taberna (15 h. na Pza. de Santa Ana) e pasarrúas con Mekanika Rolling Band (18 h.). Pola tarde os actos comezarán, no Mercado do Gando, co magosto popular (19 h.) e a presentación da Ópera Bravú (19.50 h.). Ás 20 horas darán comezo os concertos coa Banda da Loba, De Ninghures (21.50 h.), Baiuca ((23.30 h.) e a colaboración inédita de Rastreros e Orquestra Bravú Xangai (01.40 h.). Entre actuacións de grupos temos a animación de Richi e Xurxo xunto a Yaya Dj.