Festival | '9ª Edición Noceda Rock'
14 xuño 2025 a 14 xuño 2025
20:45 h a 23:59 h
Carballeira de Lamas, Lalín
Varias participantes
Outra edición máis, e xa van nove, do Noceda Rock que chega á Carballeira de Lamas para converter este espazo natural nun encontro de música e cultura durante o sábado e o domingo, amais de reivindicar o valor da música e da cultura no rural. Nesta nova edición contarase coa actuación de Marela (20.45 horas) un grupo que achega identidade, cor e frescura. Posteriormente será a quenda de Sés (22.05 horas) unha referente indiscutible da música galega actual. Loita Amada serán os seguintes en subirse ao escenario coa súa proposta artística e combativa (00.15 horas). Pecharán o cartel do sábado o grupo Seitura (02.00 horas) co seu rock de forza e raíz. Entre cada actuación Manu Kasoaparte encargarase de manter a festa.