Feira | 'Onde florecen os libros'

15 xuño 2025 a 15 xuño 2025
11:00 h a 22:00 h
Alameda, Redondela
Varios participantes 
2025_06_15_p31central_pedrovillar_redondela
Pedro Rodríguez Villar asinará exemplares de 'Alén da néboa'.
Último día da feira deste ano 2025 que comeza coa sinatura de libros por parte de Alfonso Barreiro “Fon”, na caseta da libraría A Gata Tola (11 e 17 horas). De seguido Amara Castro Cid asina na libraría A Imprenta (12 h.). Á mesma hora Samuel Ferro asina na libraría Uróboros, onde tamén asinará Mav Alonso (17 h.). Ás 18 horas será a quenda para Javier Regueira Serrano que asinará en Galgo Azul. Xavier Queipo colle o relevo unha hora máis tarde, ás 19, para asinar na libraría Pedreira. A esa hora será Pedro Rodríguez Villar quen faga o mesmo na libraría Uróboros. Pechará os actos da feira Josiño Araújo asinando na libraría Pedreira ás 20 horas. Na carpa de actividades Pedras de Cartón representa Carapuchiña vermella e Follas de Papel imparte un obradoiro.