Feira en Lalín: programación Sopa de Letras

15 out. 2022
11:00 h
Praza da Igrexa
Consulta todas as actividades que terán lugar na feira Sopa de Letras de Lalín
O escritor Toño Nuñez participará na xornada 'Sopa de letras'.
O escritor Toño Nuñez participará na xornada 'Sopa de letras'.

Encontros con Mirlotís (11 horas) e bookstagramers (17 horas), obradoiro de ilustración con Leandro Lamas (12 horas), roteiro literario con Inacio Vilariño (12 e 16.30 horas), concerto de Mamá Cabra (12.45 horas), contos de Jara Ortiz e recital con Carlos Negro e Benxamín Otero (13.30 horas).

A partir das 12.15 horas en adiante estarán nesta feira de libros os autores Xoán Carlos García Porral, Toño Nuñez, Margarida Fernández, Xosé Manuel Lobato, Fátima de La Iglesia e o editor Manuel Nuñez (Fervenza editorial).

Ás 18 horas, presentación de investigacións e publicacións do Seminario de Estudos do Deza.

A partir das 18.30 horas estarán asinando libros os escritores Inacio Vilariño, Iván Suárez, Diego Ameixeiras e Xesús Fraga.

Ás 19.30 horas chegará a intervención poética de Lois Pérez no Casino.