Feira | 'Feira do libro 2025'

18 xuño 2025 a 18 xuño 2025
11:00 h a 21:30 h
Parque de San Lázaro, Ourense
Varias participantes 
2025_06_18_p31central_feiradolibro_cristinapato_ourense
Cristina Pato fai parte da xornada inaugural desta feira.
Data de comezo da feira do libro en Ourense que terá o seu pregón ás 11 horas a cargo de Celia Díaz. Desde este disparo de saída a previsión de actividades está protagonizada pola presenza de Lisi da Silva, Cristina Pato, Carlos G. Fernández, Alexia M.C, María Besteiros, Rita Doallo, Mar Rey e a propia Celia Díaz que falarán do seus procesos creativos e asinarán as súas obras nas distintas casetas das librarías instaladas no Parque de San Lázaro. Asemade, tamén teremos ás 18 horas teatro para público familiar a cargo Pedras de cartón representa a obra Carapuchiña vermella e o obradoiro de creación de marcapáxinas a partir das 19 horas dirixido por Raquel de Árbore Azul.