FanCine de Lemos: programación e artistas convidados
07 xul. 2022
12:00 h
Diversas ubicacións da cidade
Consulta a programación de hoxe do FanCine de Lemos
Nesta xeira as actividades programadas no FanCine de Lemos, por orde cronolóxica, son:
- Palestra a cargo de Sara Álvarez Cubelos, arquitecta e artista ambiental de Hexworks, co título Arquitectura para mundos de fantasía.
- Ás 19 horas, no Parque dos Condes, proxección de curtas dos anos anteriores e actuación de Alexandra Pérez.
- No mesmo lugar, ás 20.30 horas, sesión oficial de curtametraxes.
- Ás 22 horas, proxección do filme galego Jacinto, dirixido por Javi Camino.
- Remata o día con Resident Evil, ás 24 horas.