Espectáculo | 'Rock & Magic'

20 dec. 2025 a 20 dec. 2025
18:00 h a 20:00 h
Auditorio Municipal, Mondariz
Mago Teto 
2025_12_20_p310cuarta_magoteto_mondariz
O Mago Teto achega espectáculo de música e maxia.
O show dun mago dunha tremenda e contrastada calidade. Un show que mestura as dúas principais paixóns de Teto: o rock e a maxia. Era cuestión de tempo unilas e sumar ao seu repertorio un espectáculo cargado de ilusións, ritmo, humor e moita moita moita tralla. 
Aparicións sorprendentes, xogos de adiviñación e pequenas e grandes ilusións máxicas. Rock ‘n’ Magic, dirixido por Fran Rei, é mais que un espectáculo de maxia; é un concerto de rock and roll. O Mago Teto, un dos mellores e máis populares magos do noso país, une o seu talento ao de Fer Risco na batería e Mon Orencio na guitarra, para construír un espectáculo onde a maxia convive con algúns dos clásicos do rock.