Espectáculo | 'Proxecto [RÆM]'
O coreógrafo coruñés Javier Martín desenvolve unha estancia de investigación no CGAC co obxectivo de ensamblar e poñer en práctica a súa última creación: RÆM.
En setembro de 2025, Martín dedicou varias xornadas de traballo a porta pechada a xerar un dispositivo tecnolóxico para a composición e o rexistro da danza con cámara. Mediante a emisión simultánea das imaxes captadas en tres proxectores e co fin de problematizar o movemento e as súas imaxes, converteu unha sala do CGAC nunha cámara de resonancia visual.
A súa coreografía ábrese agora ao público con dúas performances de longa duración, que terán lugar os días 11 e 12 de febreiro. Durante estas dúas xornadas abertas de investigación coreográfica, o artista estará presente de forma continuada na sala, activando o dispositivo, bailando e desenvolvendo a obra en tempo real e en relación directa coas persoas asistentes, que poderán entrar, permanecer e acompañar o proceso de creación o tempo que desexen.