Espectáculo | 'Costa da Morte, cartografía dun naufraxio'
13 xuño 2025 a 13 xuño 2025
22:00 h a 00:00 h
Faro da Punta Frouxeira, Valdoviño
Mariña Lestón
Mariña Lestón en coprodución co Centro Dramático Galego propón unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para lembrar as persoas que xa non están e para poñer en valor e visibilizar as que quedaron en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron... Para que as súas historias non caian no esquecemento. Unha peza escrita, producida e interpretada por Mariña Lestón. Proposta de teatro unipersoal dirixida ao público adolescente e adulto que permitirán conectar o público co pasado a través desta montaxe de música e imaxes.