Danza | 'Instinto desexo'
23 out. 2025 a 23 out. 2025
20:00 h a 22:00 h
Pazo da Cultura, Carballo
Bal Castro
Instinto desexo é o primeiro traballo en solitario de Bal Castro, un proxecto de corte autobiográfico no que fala da capitalización do seu corpo e do seu erotismo, da utilización da súa imaxe como principal medio para conseguir ser validado, sendo o sexo a súa moeda de cambio. No espectáculo achégasenos unha proposta que reflexiona sobre a proxección da súa imaxe nos outros, proxección que pode suscitar un desexo dependendo da persoa que a mire. Ese desexo convértese no motor que o move cara ao seu último obxectivo: a procura insaciable de amor. Bal Castro é actor e bailarín formado en interpretación xestual e danza contemporánea que participa en proxectos nacionais e internacionais con distintas compañías.