Danza | 'Do rigor clásico á liberdade aérea contemporánea. Conferencia en movemento. Cápsula 1.'
29 out. 2025 a 29 out. 2025
20:00 h a 22:00 h
Pazo da Cultura, Carballo
Paula Quintas Cia.
As formas buscaban a elevación idealizada no ballet clásico, combatendo a gravidade e encorsetando os corpos. A comezos do século pasado a mirada cambia e comeza unha contemporaneidade en formatos e linguaxes, ata chegar a transformar o espazo e a darlle a volta aos escenarios. É a cápsula 1, e é a primeira mostra ao público dunha nova produción na que está comezando a traballar a creadora Paula Quintas, unha conferencia en movemento que propón un percorrido vivo e poético pola historia da danza e do circo, entre a disciplina do corpo e a súa liberdade aérea. Un novo espectáculo que harmoniza corpo e mente.