Festival | 'Son d´aldea'

05 set. 2025 a 05 set. 2025
20:30 h a 22:00 h
Parladoiro de Arqueixal, Albá, Palas de Rei
Varios participantes
2025_09_05_p31cuartapeque_andreagarcia_palasderei
Andrea García presenta libro dentro das actividades programadas.

Xa temos aquí a 14ª edición de Son d´aldea, un festival que achega mútiples actividades. 

Hoxe comezase, 17 horas, coa mesa de debate Por un futuro posible e desexable para o medio rural, caracterizada por explorar a ruralidade plural e diversa. Nesta ocasión imos imaxinar o futuro a través do traballo que ven desenvolvendo Feitoría Verde e Illa Bufarda coa Asociación Veciñal o Reguiño, e que se plasmou na creación da curtametraxe Raíces, da utopía en diante. Unha posta en valor da comunidade, dos vínculos dentro dos procesos socioeducativos e do audiovisual como ferramenta de transformación colectiva e que se poderá visualizar após o debate. 

Ás 19.30 horas será a quenda para a presentación dos libros Espertina e esperpenta de Andrea García Martínez, Arredor do cuarto pequeno de Xosé Manuel do Castro e O valor da auga, o libro de Son d´aldea 2024, presentado por Xosé Luís Otero Cebral, Fernando García Penas e Xosé Castro.

Péchase o día ás 20.30 horas coa intervención de Anxo Moure coa narración Unha árbore ven vernos

O tío  Teixo, das montañas de Fonsagrada, leva as nenas e nenos da biblioteca a unha viaxe ao mundo dos libros que son bosques e dos bosques que son libros. Con Anxo Moure sabemos máis de árbores.