Cinema | 'As liñas descontinuas'
04 mar. 2026 a 04 mar. 2026
16:00 h a 21:00 h
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, Pontevedra
Anxos Fazáns
A Aula de Cine da Facultade de Comunicación acolle unha nova sesión da XV Máster Class Audiovisual Galego Augal, coa proxección de As liñas descontinuas, complementada por un coloquio coa súa directora, Anxos Fazáns e coa produtora Silvia Fuentes. Bea é unha muller de 50 anos que se está separando do seu marido. O día no que ten que abandonar o fogar no que viviu o últimos vinte anos chega á súa casa e atópase todo patas para arriba e a un dos ladróns durmido na súa cama. Denís é un mozo trans de 28 anos que, a pesar de estudar unha carreira, loita coa precariedade laboral e a falta de oportunidades. Despois de pasar tres días xuntos, cada un deberá continuar o seu camiño.