Cinema | '2º festival cinema do mar'
27 xuño 2025 a 27 xuño 2025
17:00 h a 00:00 h
Distintas Localizacións, Marín
Varias participantes
Cuarta xornada deste festival que hoxe comeza na Biblioteca Pública Vidal Pazos coa proxección dos filmes Koka e Voyage de documentation de Madame Anita Conti de A. Tsymbaliuk e Louise Hémon respectivamente. Posteriormente proxectaranse os filmes da sección oficial (19.10 horas) As voces do mar (Javier Lorenzo), Chelito (Carlos Prado e Alejandro Lorenzo), El señor de las ostras (Manuel Palenzuela), Nika, el calderón tropical (José hernández) e Remar (Adán Aguilar). Ás 22.30 horas, na sección golfa, proxectarase Paralelo 35 50 de Sergio Rodrigo. Previamente, (11 horas) o chef Marcos S. Area fará demostracións culinarias no Parque Azul.