Cinema | '2º festival cinema do mar'

26 xuño 2025 a 26 xuño 2025
12:00 h a 00:00 h
Varias Localizacións, Marín
Varias participantes
lorena_do_merlo_marin
Lorena do Merlo é unha das participantes na sección oficial.
Terceira xornada deste festival que nos achega o cinema máis relacionado co mar. No Museo Manuel Torres poderemos asistir á proxección (12 horas) de Shield. The living wall of the caribbean de Mario Cuesta, dentro da sección de Cambio Climático. Na Biblioteca Pública Vidal Pazos (18 horas) e dentro da sección Rías poderemos asistir a unha mesa redonda que baixo o título Presente e futuro do marisqueo xunta a Rosa Costoya, Beatriz del Río, Luísa Lago, Carmen Cortegoso, Pilar Portela e María Jesús Martínez. No mesmo lugar, ás 19.10 horas, poderanse ver as proxeccións da sesión oficial: Amar de Lorena do Merlo; Mexillonaria de Pablo Chouza; Testemuñas dunha illa de Borja Duarte, Elian Mercedes e Guillermo Artero; Lagun de Juan Larrañaga e Cuentos de pesca de César Ardila. Na sesión golfa poderá verse Danza o batalla de Danilo H. Galgano e Iniciación Kawesqar de Tomás Tonko Huenucoy de P. Micelli e A. Gedda, ás 22.30 horas