Álvaro Lamas inaugura a exposición "Capturando A Natureza" en Mugardos

06 xul. 2022
20:00 h
CulturTasca O Escabeche / Avenida do Mar, 19
A exposición poderá verse até o vindeiro 28 de agosto no CulturTasca O Escabeche de Mugardos
Álvaro Lamas inaugura nesta cuarta esta exposición.
Álvaro Lamas inaugura nesta cuarta esta exposición.

Álvaro Lamas, co seu proxecto Lost in Woodlands Photography, presenta esta nova exposición que nos achega a algúns dos lugares máis emblemáticos da contorna de Ferrol, Ortegal e da comarca da Mariña a través das imaxes de paisaxes dunha inigualábel beleza retratadas pola súa particular visión e interpretadas dunha forma única con material xamais exposto até hoxe.

A exposición estará dispoñíbel desde hoxe até o 28 de agosto.