Libros | 'Pontealbar'

15 nov. 2025 a 15 nov. 2025
12:00 h a 13:21 h
Centro Social Polivalente de Viaño Pequeno, Trazo
Adrián Noia
adriannoia_trazo
Adrián Noia presenta libro en Trazo.

Presentación do libro de Adrián Noia, editado en Galaxia, na que o autor estará acompañado por Andrea Mosteiro, Fina Suárez, Estefanía Brea e David Cortizo.

A vida de Pedro de Pontealbar muda cando descobre que a fin do mundo está preto por culpa dun pacto entre o conde Albar e unha misteriosa criatura lendaria, o Demo da Serpe. A pantasma de Marcela, vítima da crueldade do conde, aparece para encomendarlle a Pedro a salvación da súa aldea antes de que sexa demasiado tarde.

Comeza así unha aventura por un mundo indescritible situado no val do Río Grande, onde o protagonista encontrará unha chea de criaturas que o axudarán a lograr o seu propósito.

Co apoio do mítico Vento do Bosque, Pedro rematará por aceptar que o seu destino estaba xa escrito desde antes de que nacese.