“A venda das centrais sería a ruína para a Costa da Morte”

O Comité de Ferroatlántica volverá solicitar unha reunión co presidente da Xunta para esixir "a ratificación dos compromisos creados e o respecto á legalidade"

Centrais Villar Mir
photo_camera Imaxe: CIG

“Venta de centrais, ruína da comarca” era o lema da faixa após a que se concentraron unhas 250 persoas diante da factoría que Ferroatlántica ten en Brens (Cee) para amosar o total rexeitamento á venda das centrais hidroeléctricas que o Grupo Villar Mir explota na comarca da Costa da Morte. Previamente á protesta, o comité e as centrais sindicais con representación (CIG, UGT e CCOO) acordaron solicitar novamente unha reunión urxente co presidente da Xunta de Galiza.

A representación social lembrou que as actividades enerxética e de ferroaleacións constitúen unha unidade produtiva que non pode ser segregada, e cuxa vinculación está obrigada pola Xunta de Galiza e ratificada en sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e do Tribunal Supremo. “Que se deixe de especular coas nosas centrais hidroeléctricas, os nosos recursos e a nosa comarca", demandan.

Adirección do Grupo Villar Mir (propietario das fábricas de Ferroatlántica e titular das concesións de explotación das plantas hidroeléctricas do Ézaro e o Río Grande),citou o Comité de empresa a unha xuntanza en Madrid para o vindeiro xoves, día 27. Con esta data á vista, a representación social urxe Núñez Feijóo para que atenda a petición de reunión. Subliñaron tamén que, "de non atender o presidente do Goberno galego a nosa solicitude, está previsto convocar unha concentración diante da Xunta o próximo martes, día 25, para reiterar a nosa petición".

Comentarios