Galiza posúe 9.908 explotacións leiteiras. O que representa o 40% da produción de todo o Estado español. O territorio que lle segue en número de produtor@s é Asturies, con 2.241. Así as cousas, embora ser o primeiro produtor estatal, no noso país @s gandeir@s perciben os prezos máis baixos, notabelmente inferiores á media.
(Imaxe Silvia Cancela. Preme na imaxe para despregar)
Segundo os dados publicados polo Ministerio de Agricultura, no mes de setembro a industria pagou ás explotacións gandeiras 0,33 céntimos/litro, mentres a medio estatal ascende aos 0,35 céntimos/litro. A tendencia, aliás, mantense nos últimos seis meses. Neste senso, a maior desviación produciuse no mes de xullo. Destarte, cando en Galiza se pagaban pouco máis de 0,33 céntimos o litro, os prezos oscilaban no conxunto do estado entre os 0,34 céntimos en Cantabria e os 0,38€ en Andalucía, cun promedio de 0,49 céntimos/litro.
Da man do profesor da USC, Edelmiro López Iglesias, debullamos as razóns dos baixo prezo do leite no noso país.
Podes ler a reportaxe completa no número 124 do semanario Sermos Galiza, disponíbel nos quiosques do país e na nosa loxa.