domingo 18/04/21

PSA en Vigo propón un ERTE para 3.749 operarios

De 60 días até fin de ano e nunha decisión que a empresa xustifica na falta de microchips

Citroen PSA

A dirección da planta de Stellantis en Vigo (antes PSA Peugeot Citroën) expúxolle ao comité de empresa a aplicación dun expediente temporal de regulación de emprego con duración de 60 días e que afectaría 3.749 traballadores e traballadoras (o que non quere dicir que se teña que aplicar necesariamente ese tempo nin que afecte todos os operarios).

Segundo trasladaron a Europa Press fontes da empresa, esta medida púxose sobre a mesa ante o "problema conxuntural" da falta de pezas que afecta toda a industria de automoción, derivada da chamada crise dos microchips (semiconductores), e supón dar cobertura legal a un mecanismo que permita afrontar as paradas de produción por eses problemas de subministración.

A proposta de ERTE da empresa recolle a aplicación a 3.749 traballadores, que son aqueles empregados a tempo completo e indefinidos; e empezaría a aplicarse despois de Semana Santa, cun máximo de 60 días de suspensión, após esgotar todas as medidas de flexibilidade pactadas.

comentarios