Traballo

PSA-Citroën reactivará a actividade na planta de Vigo o 11 de maio

Operarias de pintura da planta de PSA Peugeot Citroën en Vigo (Victor Cameselle).
A empresa automobilística avanza que haberá só unha quenda de traballo na factoría de Balaídos, cando antes da declaración do estado de alarma había tres. 

PSA-Citroën comunicou na tarde de hoxe a sindicatos e traballadoras que a actividade na planta de Vigo reaundarase a vindeira segunda feira, día 11 de maio. A empresa manifestou hai dúas semanas que retomaría a produción cando se producise unha "reactivación do mercado"

Fontes da empresa automobilística detallaron que a produción se renovará o día 11 con equipos de traballo "nos talleres de embutición, feraxe e pintura". 

"O día 13 xa estaría a traballar a fábrica ao completo pero nunha soa quenda, a quenda de mañá", explicaron estas mesmas fontes de PSA, que sinalan que a actividade se irá retomando de forma gradual.

Antes da declaración do estado de alarma a planta de Balaídos contaba con tres quendas de traballo (mañá, tarde e noite) en dúas das súas liñas de produción. A dirección da factoría viguesa xa expresou a vontade de realizar outro ERTE por razóns organizativas