Principia a folga de mulleres, marcada por uns servizos mínimos "abusivos"

Piquetes percorren diversos polígonos industriais.

 

piquete CIG
photo_camera Piquetes da CIG percorren o polígono industrial das Gándaras, no Porriño (Foto: CIG)

“As primeiras horas da folga de mulleres deste 8 de Marzo están marcadas polos abusivos servizos mínimos decretados en sectores como a sanidade ou os coidados, que exceden con moito a actividade que, mesmo nesta situación de pandemia, se establecen para un domingo ou un festivo, máis tamén pola combatividade do feminismo de clase”.

Así informan desde a CIG, unha das centrais que, canda a CUT, convoca folga na Galiza deste 8-M.

A central sinala que piquetes da CIG percorreron de madrugada o polígono das Gándaras no Porriño, con paradas en Alonarti Envases e no Centro Industrial de Pescanova, “compañía na que a central sindical denunciou un caso de abuso sexual a unha empregada".

Comentarios