martes 04/08/20

Sindicatos e patronal presionan polo uso dos terreos de Vulcano no Porto de Vigo

Asime e os sindicatos CIG, CCOO e UXT agardan que a xuntanza do Consello de Administración do Porto de Vigo retire a petición de recuperar os terreos.
Concentración persoal de Vulcano (Paula Justo/ Europa Press)
Concentración persoal de Vulcano (Paula Justo/ Europa Press)

A Asociación de Industriais Metalúrxicos da Galiza (Asime) e representantes da CIG, CCOO e UXT acordaron solicitar á Xunta da Galiza, concello de Vigo, Zona Franca e outras agrupacións empresariais que se posicionen a favor da continuidade da actividade industrial nos terreos do antigo estaleiro Vulcano. A idea é presionar o Porto de Vigo para que non recupere a concesión.

Rubén Pérez, de UXT, explica a Nós Diario que como partes interesadas "aínda non tiveron acceso ao informe do Consello de Estado" mais que neste tema "patronal e sindicatos coinciden" en que se debe "forzar que siga a actividade industrial". O Consello de Administración do Porto de Vigo reunirse esta sexta feira para tratar este tema.

comentarios