'Hostalaría sen explotación': unha plataforma para combater a precariedade no sector

Un dos sectores que máis emprego creou en 2019 segue a ter problemas de falta de persoal e precariedade laboral nalgunhas empresas. Sindicatos e colectivos empresariais poñen énfase nas solucións e coinciden coa nova plataforma 'Hostalaría sen explotación' en que o cliente ten a palabra.

Terraza en Compostela (Riobó Prada)
photo_camera Terraza en Compostela (Riobó Prada)

Os datos da folla estatística do Rexisto de Convenios e Acordos Colectivos (Regcom) son ben claros. Galiza conta a día de hoxe con 14.391 empresas hostaleiras que dan traballo a 46.088 persoas, das que 26.068 son mulleres e 20.977 homes. En 2019 foi a hostalería un dos sectores que máis emprego creou mais non sempre cun mínimo de calidade.

A precariedade no persoal laboral sempre estivo presente neste sector. Sindicatos como CCOO explican que a situación empeorou desde a reforma laboral de 2012. En Compostela creouse unha plataforma para dar visibilidade a este problema e asociacións como Hostalaría Compostela sinalan que un dos factores é a presenza de novas empresas de comida preparada.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios