Paro dos taxistas contra a “uberización” do transporte urbano

A greve tivo un importante seguimento nas cidades galegas, agás Ferrol.

taxi imaxe de Laura R. Cuba
Protesto de taxis en Compostela. Imaxe de Laura R. Cuba

Non foi unha xornada máis nas parades de taxis de Galiza, nomeadamente nas das cidades. A greve de 24 horas convocada polas organizacións do sector a niveld e Estado, entre elas a galega Fegataxi, tivo un seguimento máis que notábel. O protesto era tan claro como coñecida a demanda dos taxistas desde hai meses: frear a “uberización” do transporte público. Unha greve contra a competencia desleal, sinalan os taxistas, que representan os vehículos de aluguer con condutor (VTC), xestinoados por intermediarios como Uber ou Cabify.

O paro deixouse notar desde primeiras horas nas cidades galegas, como Compostela, A Coruña ou Vigo. Non así en Ferrol, onde os profesionais do sector acordaron non secundar o protesto. “O taxi están en loita” ou “O taxi di non ao intrusismo” foron dúas das palabras de orde dunha xornada naq ue en cidades como Compostela houbo manifestacións de taxis. 

Comentarios