O paro rexistrado baixa en febreiro mais aumentou en 19.000 persoas nun ano

O desemprego rexistrado aumentou entre febreiro de 2020 e o mes pasado en 11%.

Oficina de emprego, paro foto de arxina
photo_camera Oficina de emprego (Foto: Arxina)

(En ampliación)

O paro rexistrado na Galiza baixou en febreiro en 756 persoas a respecto do mes anterior, un descenso de 0,41% que contrasta co aumento a nivel de conxunto do Estado español, onde o desemprego subiu en 1,12%.

Mais este descenso do paro rexistrado non se deu en todos os sectores. Baixou en agricultura, construción e entre o colectivo dos que estaban sen emprego anterior. Mais aumentou o paro en Industria e Servizos.

Se a comparación é interanual, é dicir, compararmos febreiro deste ano con ese mes de 2020, o desemprego rexistrado subiu en 18.999 persoas. Hai agora 11% máis de persoas no paro que daquela.

O paro subiu en 44.436 persoas en febreiro no conxunto do Estado (+1,1%), o seu maior alza neste mes desde o ano 2013, cando se incrementou en 59.444 persoas. O Ministerio de Traballo atribúe esta repunta ao "forte impacto" da terceira onda da pandemia e ás "severas restricións" que se impuxeron para freala.

Comentarios