xoves 02/12/21

Esta quinta feira (23 de outubro) fixéronse públicos os dados da Enquisa de Poboación Activa (EPA) relativos ao terceiro trimestre de 2014. Segundo o indicador europeo Galiza conta con 258.300 persoas no desemprego, 26 mil menos que no trimestre anterior (-9,17%), froito do emprego rexistrado durante o verán. A taxa de paro diminúe após alcanzar unha cifra récord no período anterior (296.900 persoas). 

Así as cousas a EPA reflicte un volume maior de persoas desempregadas que os dados do paro rexistrado relativos ao mes de setembro, que situaban en 238.203 o número de persoas na procura dun posto de traballo. Así mesmo, a taxa de desemprego incrementou significativamente desde a chegada de Alberto Núñez Feijóo á Xunta. Naquela altura, 2009, a EPA situaba o número de persoas desempregadas no 12,4%. 

A taxa de actividade sitúase no noso país no terceiro trimestre de 2014 en 53,88%, substancialmente maior no caso dos homes (59,49%) fronte as mulleres (48,72%) embora o paro atinxir, segundo os dados da EPA, en maior medida aos primeiros. 

Entre as faixas de idade máis novas a taxa de desemprego sitúase no 36,6% 

Por provincias, Pontevedra continúa á cabeza con 103.800 persoas seguida da Coruña (101.600 desempregadas). Lugo e Ourense manteñen unha cifra semellante con 26.200 e 26.700 persoas no desemprego respectivamente. 

Por idades, a taxa de desemprego nas faixas de entre 16 e 29 anos mantense no 36,6% (máis de 71 mil persoas) cun leve descenso (-2,2%) a respeito do trimestre anterior. Amosándose, aliás, como un dos sectores da poboación máis atinxidos pola temporalidade laboral. A cifra de contratos de duración indefinida --que se reducen en relación ao segundo trimestre de 2014-- é notabelmente inferior (44,5 mil persoas) que os contratos temporais (63 mil).

A información galega está na túa man!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

No conxunto do Estado español a cifra de persoas desempregadas é de 5 millóns 427 mil persoas. 195.200 personas menos.

O paro descende no terceiro trimestre de 2014
comentarios