Novas oposicións na Administración galega: estas son as 300 prazas que se convocarán

A Xunta anuncia tamén a convocatoria dunhas 600 prazas para promoción interna.
Exames de oposición. (Foto: Europa Press)
photo_camera Exames de oposición. (Foto: Europa Press)

A Xunta da Galiza avanza a convocatoria nas próximas semanas de oposicións para cubrir perto de 300 prazas de emprego público na Administración galega. En concreto, convocaranse 134 prazas no ámbito dos servizos con 117 prazas na especialidade de limpeza e cociña e 17 na escala técnica de mantemento de servizos, e 121 prazas no ámbito ambiental e dos recursos naturais e forestais.

Ademais, haberá 15 prazas para a escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos, 12 prazas para a escala técnica de análise de laboratorio e outras nove para a escala técnica de delineantes. Todas estas vacantes son de acceso libre e poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos e queira acceder a un emprego "fixo, estábel e de calidade" na Administración, afirman desde o Goberno.

Promoción interna

Por outra parte, a Xunta tamén vai convocar prazas para a promoción interna, polo que perto de 600 empregados e empregadas públicas poderán ascender de categoría a través destes exames. Ás prazas de promoción interna só poderá acceder o persoal empregado público que xa ten unha praza fixa na Administración e quere opositar para conseguir un ascenso ou promoción profesional.

En concreto convocaranse 30 prazas para o Corpo superior (A1), 185 para o Corpo de xestión (A2), 240 para o Corpo administrativo (C1), e 130 prazas para o Corpo auxiliar (C2).

Comentarios