Mobilizacións da CIG por unhas pensións públicas dignas

O colectivo de pensionistas da CIG convocou para a quinta feira, 23 de xaneiro, ás 11 horas, mobilizacións nas sete cidades galegas co lema Por unhas pensións públicas dignas e garantidas.
pensións CIG
photo_camera Concentración polas pensións (CIG)
A central denuncia que as pensións galegas son as segundas máis baixas do Estado e exixe que o novo Goberno tome medidas inmediatas. Lembra que segundo os últimos datos, referidos a 2018, máis da metade son inferiores a 706,6 euros. Ademais a pensión media dunha muller galega é case 300 euros menor que a dun galego e que das persoas con pensións máis baixas, máis de 60% son mulleres.

Comentarios