O Ministerio de Traballo retíralle a Servicarne a súa condición de cooperativa

Sindicatos como CIG levaban anos denunciando que era unha “falsa cooperativa” utilizada pola patronal do sector cárnico para ter 'falsos autónomos'. Servicarne traballa para as principais compañías cárnicas do país, como Coren (Ourense), Frigolouro (O Porriño), Novafrigsa (Lugo), Cogal (Pontevedra) ou Grupo Sada (Lugo).

2016 08 06 ManifaServicarneFrigolouroPorrinho01.grande
photo_camera Frigolouro era unha das empresas que botaban man de Servicarne

O Ministerio de Traballo vén de comunicar a descualificación de Servicarne como cooperativa, decisión que significa a perda administrativa desta cualificación e que podería supoñer, unha vez esgotados os recursos, a súa disolución e a apertura do proceso de liquidación. Informa desta decisión a CIG, sindicato que leva anos denunciando que Servicarne é unha “falsa cooperativa que a patronal do sector cárnico utiliza como instrumento para contratar man de obra barata sen cumprir os convenios colectivos nin o Estatuto dos Traballadores”.

Entre os argumentos para tomar esta decisión decisión alúdese ao feito de que Servicarne non conta con organización produtiva propia e que, a pesar das aparencias, a estrutura organizativa e empresarial apenas existe e as ordes proveñen da empresa principal. Sinláse ademais que as condicións de traballo das persoas socias resultan inferiores aos das traballadoras que prestan servizos nas empresas clientes, así como que a incorporación como socia traballadorá á cooperativa é unha condición obrigatoria para poder acceder ao emprego.

A CIG lembra que esta dercisión do Ministerio de Traballo chega anos despois de que a o sindicato iniciase unha ofensiva de denuncias e mobilizacións para rematar con esta nova forma de explotación laboral que padece o persoal asociado a esta falsa cooperativa que traballa para as principais compañías cárnicas do país, como Coren (Ourense), Frigolouro (O Porriño), Novafrigsa (Lugo), Cogal (Pontevedra) ou Grupo Sada (Lugo).

A presión da central sindical obrigou a Inspección de Traballo a actuar, optando por recoñecer que os traballadoras de Servicarne non era autónomas senón empregadas por conta allea, e polo tanto teñen que figurar no réxime xeral da Seguridade Social.

Comentarios