Greve indefinida en Frigolouro, do grupo Coren, pola mellora das condicións dos autónomos dependentes

O colectivo de traballadores autónomos dependentes pertence a Servicarne, empresa cun cadro de persoal de 224 persoas.

frigolouro
photo_camera Frigolouro

Un horario de traballo de oito horas, un salario mínimo fixo, tomando como referencia o convenio de industrias cárnicas; calendario de vacacións pagadas e disfrutadas... Son algunhas das reivindicacións básicas que se demandan na greve indefinida que esta quinta feira comeza en Fricolouro, empresa do Porriño pertencente ao Grupo Coren.

Segundo explican dende a federación de Alimentación da CIG de Vigo, o motivo principal da mobilización é reivindicar unhas condicións laborais dignas para o colectivo de traballadores autónomos dependentes pertencentes a Servicarne, empresa cun cadro de persoal de 224 persoas. A decisión foi adoptada en asemblea polo persoal autónomo cooperativista de Servircarne tras constatar a falta de diálogo e compromiso da empresa para mellorar as actuais condicións de traballo.

Comentarios