O Goberno galego aproba unha Oferta de Emprego Público de 10.000 prazas

Do total de prazas, 8.701 será seleccionadas mediante o sistema de concurso de méritos, e as 1.635 restantes a través dun concurso-oposición.
Reunión do Consello da Xunta, nunha imaxe de arquivo. (Foto: David Cabezón)
photo_camera Reunión desta semana do Consello da Xunta. (Foto: David Cabezón)

O Goberno galego aprobou no Consello da Xunta desta semana os decretos de Oferta de Emprego Público (OEP) da Administración Pública. Desta maneira, a Xunta da Galiza ofertará 10.022 prazas iniciais, ás que se sumarán outras 314 prazas de estabilización, ao incluír prazas do Consello Económico e Social, da Amtega e doutros entes instrumentais.

Do total de prazas, 8.701 será seleccionadas mediante o sistema de concurso de méritos, e as 1.635 restantes a través dun concurso-oposición.

O primeiro dos procesos empregarase para seleccionar todas as prazas que estivesen ocupadas de forma temporal e de maneira ininterrompida con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016, mentres que o segundo será de aplicación ás prazas ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos os tres anos anteriores ao 31 de decembro do ano 2020.

Reparto das prazas

No que se refire ao ámbito da Administración Xeral, ofértanse 6.480 prazas, das que 4.641 correspóndense con prazas de emprego público na Administración Xeral autonómica e 1.839 con prazas das entidades do sector público autonómico.

Dentro das entidades do sector público, 1.357 prazas pertencen ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdades e Benestar.

Pola súa parte, o número total de prazas que o Sergas vai ofertar é de 2.568, das que 760 cubriranse polo sistema de concurso-oposición e 1.808 polo procedemento excepcional de concurso.

No relativo á oferta de emprego público para postos docentes, aprobáronse un total de 1.281 prazas. Delas, 1.156 son derivadas da aplicación das disposicións adicionais sexta e oitava da lei de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. As restantes 125 desenvolveranse polo sistema de concurso-oposición.

Comentarios