Galiza no Día Internacional da Clase Obreira

“Ferreiras dun mundo mellor”

Precariedade e temporalidade laboral, baixos salarios, emigración, recortes en liberdades e dereitos sociais e laborais, alargamento da desigualdade, cronificación do desemprego de longa duración... O Primeiro de Maio, tan vixente como sempre. Eis un extracto da reportaxe publicada ao respecto no Sermos Galiza 293.

1maio
photo_camera [Foto: GZContrainfo]

2Esta terza feira é 1 de Maio. Unha data sinalada en vermello no calendario. Día Internacional da Clase Obreira. Unha xornada que chega após un ano de intensificación da mobilización, termómetro do aumento da conflitividade laboral, que volve a primeira liña a medida que o discurso da recuperación vai ficando nu, como o emperador: temporalidade e precarización laboral, salarios desvalorizados, paro de longa duración, emigración... 

A orixe do Primeiro de Maio é abondo coñecida. En 1886 en Chicago, daquela a segunda cidade en poboación nos Estados Unidos, unha manifestación para reclamar as oito horas derivou nun masacre de sindicalistas e traballadores.

Tres anos despois, 1889, a II Internacional Socialista acordaba en París convocar anualmente unha manifestación nesta data como xornada de loita do proletariado. Embora que nalgúns sectores poida parecer polos intentos de “acomodo” un feriado máis no calendario, o Primeiro de Maio continúa a ser unha data cun poder de combate e referencialidade como poucas.

Vixencia? 

Non en van, por poñer un exemplo, non se celebra oficialmente nos Estados Unidos, malia aconteceren alí os feitos de 1886. Nos EUA conmemoran o Labor Day (Día do Traballo, que non das traballadoras e traballadores) e fano na primeira segunda feira de setembro. Por que? Pois porque un presidente estadounidense, Glover Cleveland, decidiu afastar a celebración o máis posíbel do 1 de maio para evitar calquera mínima coincidencia ou referencia ao socialismo, ao comunismo ou ao anarquismo.

[Podes ler a reportaxe íntegra no Sermos Galiza 292, á venda na loxa e nos quiosques habituais]

Comentarios