Falece un operario nun accidente laboral após quedar atrapado nunha máquina en Boqueixón

Helicóptero do 061. (Foto: Sergas)
Unha chamada alertou o 112 Galiza na tarde desta quinta feira debido a un accidente laboral nun serradoiro da parroquia de Codeso, en Boqueixón.

Un operario faleceu ao quedar atrapado nunha máquina de tratamento de casca de piñeiro no municipio de Boqueixón (comarca de Compostela). Unha chamada alertou o 112 Galiza na tarde desta quinta feira debido a un accidente laboral nun serradoiro da parroquia de Codeso, en Boqueixón.

A primeira comunicación cos xestores de emerxencias indicaba que a vítima estaba inconsciente e necesitaba axuda inmediata para liberarse da máquina que o mantiña atrapado.

Posteriormente, os equipos de intervención confirmaron o falecemento desta persoa. O 112 mobilizou un operativo con bombeiros de Santiago e Ordes, voluntarios de Protección Civil, unha dotación do 061 a bordo do helicóptero e Garda Civil, entre outros.