Os ERTEs continúan aumentando e xa pasan de 30.000 na Galiza

160.000 traballadores e traballadoras afectadas por estes expedientes.

cadena montaxe traballo mikel arrazola
photo_camera Os ERTES afectan a todos os sectores.

Os Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) presentados en Galiza xa son 30.463, con 159.385 traballadoras e traballadores afectados, segundo datos desta sexta feira.

En comparación co dia anterior, tanto os ERTE como os traballadores inmersos nestes procesos por mor da crise do coronavirus increméntanse 2%.

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou esta quinta feira a existencia de "casos fraudulentos" na presentación de expedientes de regulación temporal de emprego (ERTE) por forza maior no país.

O paro rexistrado aumentou en marzo en 8.252 persoas, unha media de 266 novas persoas no desemprego cada día. Un dato malo, derivado do impacto da crise do coronavirus, e no que non se computan os traballadores e traballadoras atinxidas por un expedientes de regulación tempotal do emprego (ERTE), ao considerarse que a súa situación é de suspensión, non de despedimento. 

No que atinxe á afiliación á Seguridade Social, desde mediados de marzo caeu na Galiza en 3,5%. A afiliación á Seguridade Social caeu na Galiza no mes de marzo en perto de 10.000 persoas, pasando das 112.353 de febreiro, ás 102. 623 de marzo.

Comentarios